Cargando....
Concello de Lugo
15/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo realiza un estudo de detalle para reaxustar as aliñacións e rasantes na modificación puntual do Plan Paradai


# Mércores, 02/09/2009
O Goberno Local pretende dotar dunha importante infraestrutura á cidade e tratar de afectar ao menor número de vivendas posibles

Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou esta mañá o estudo de detalle formulado para o reaxuste das aliñacións e rasantes de parte das vías contempladas na modificación puntual do PXOU na zona comprendida entre a Ponte Romai e a Ponte da Estación.

A Delegada de Urbanismo, María Novo, explicou que este estudo permitirá a modificación de rasantes dos viais que configuran parte do ámbito da modificación Puntual do PGOU (Plan Paradai) na confluencia das Rúas Conde, Río Sil, e a prolongación da Duquesa de Lugo á altura da Ponte Paradai.

Coa solución aportada por este estudo de detalle elimínase a glorieta ao fondo da Rúa do Conde, desprazándoa ata a conexión da Nova Ponte Paradai coa Avenida Duquesa de Lugo. Do mesmo xeito modifícase a rasante do vial da Avenida Duquesa de Lugo en sentido de percorrido da Praza de Conde Fontao ao Ceao para que conecte con esa glorieta. Deste xeito, xa non pasaría por debaixo da Nova Ponte senón que todos os movementos deste ámbito confluirían na glorieta, mellorando notablemente as posibilidades de mobilidade no entorno, permitindo un maior aproveitamento desta infraestrutura de alta capacidade por parte dos condutores que proveñan da zona leste da cidade.

O ámbito ao que se circunscribe este estudo de detalle é o conformado pola mazá pechada e materializada pola Praza de Conde Fontao, Avenida Duquesa de Lugo, Nova Ponte Paradai, Rúa Serra de Meira e Avenida Carlos Azcárraga (tramo da mesma entre Praza de Conde Fontao e Nova Ponte Paradai), Nova Ponte Paradai, Rúa Serra de Meira, e Avenida Carlos Azcárraga (tramo da mesma coincidente coa Ponte da Estación). A modificación de rasantes afecta fundamentalmente á avenida Duquesa de Lugo e ao entorno conformado entre o fondo da Rúa Conde, e a intersección desta con Río Sil e a glorieta de conexión da Avenida Duquesa de Lugo coa Nova Ponte Paradai.

A delegada explicou que este estudo é preciso para permitir, por unha banda a adaptación á realidade da Modificación Puntual e facer viable o respecto de umbrais de portais, garaxes e beirarrúas existentes, e por outra banda, permite unha mellora substancial nas condicións de circulación de vehículos no contorno da nova Ponte Paradai, incrementando as posibilidades de movementos.

Novo afirmou que con isto o Concello pretende dotar dunha importante infraestrutura á cidade e tratar de afectar ao menor número de vivendas posibles. A Delegada explicou que “miramos polos intereses xerais, pero tamén polos particulares”.

Outros temas da Xunta de Goberno
Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a revisión de prezos para a actualización do contrato coa empresa Urbaser, concesionaria de limpeza viaria, recollida de residuos e transporte para o seu tratamento. O canon contractual quedaría fixado en 4.572.045 euros, polo que mensualmente supón 381.003 euros, as ampliacións de servizo recollidas no convenio de data 3 de febreiro de 1999 que ascenden a 410.166 euros, polo que o custo mensual sería de 34.180 euros.

As ampliacións recollidas no convenio do 2/09/02 (ampliacións de sectores de varrido, ampliación do varrido de paso en diversas zonas, ampliación de servizo de limpeza de zonas verdes, substitución do camión lavacontenedores, incorporación ao servizo de recollida xeral selectiva de papel e cartón, tratamento de lodos, renovación de contenedores,...) ascende a 474.237 euros, sendo o custo mensual de 39.519 euros.

As ampliacións do contrato que entraron en vigor o 1 de abril de 2007 (implantación do sistema de recollida de carga lateral, melloras para o servizo de limpeza viaria, limpeza do polígono industrial do CEAO, cambio de xestión na recollida selectiva, integración da recollida selectiva nas parroquias de zona rural e modernización do sistema de información) ascendería a 904.528 euros, sendo o custo mensual de 75.377 euros.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova