Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta Local de Seguridade establece o dispositivo que operará na XXXI edición do Rally San Froilán


# Mércores, 02/09/2009
Preto de 300 efectivos ocuparanse do operativo de seguridade da competición

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá na Xunta Local de Seguridade na que se estableceu o dispositivo que operará na XXXI edición do Rally San Froilán. A competición desenvolverase o próximo día 5 de outubro e terá un percorrido de preto de 100 km.

Tal e como explicou o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, o plan de seguridade que se vai establecer durante a competición en todos aqueles puntos polos que transcorre a proba, foi elaborado pola Escudería Miño en coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado; a Garda Civil, Policía Local, Policía Nacional e Protección Civil.

O responsable de seguridade do rally, Luis Lorenzo, explicou que a saída da proba se efectuará en Lugo arredor das 07,30 da mañá. A base de operacións do rally estará ubicada no aparcamento do centro comercial As Termas, mentres que o Pazo de Feiras e Exposicións acollerá o espazo de reparación dos vehículos.

Aproximadamente, participarán no dispositivo de seguridade 160 persoas da Garda Civil, 20 efectivos da Policía Nacional, así como os efectivos da Policía Local de Lugo. Ademais, participará o persoal da Escudería Miño que trasladará 2 ambulancias, 2 grúas e 1 vehículo de extinción de incendios a cada un dos tramos do rally.

A este dispositivo sumaranse os comisarios de ruta, así como os axentes de Protección Civil, sumando arredor de 70 persoas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova