Cargando....
Concello de Lugo
21/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Amaral, Revólver e Los Planetas entre os grupos contratados polo Concello de Lugo para as festas de San Froilán 2009


# Xoves, 03/09/2009
*O turismo de Lugo aumentou no mes de agosto un 30% respecto ao mesmo período do ano pasado
*As visitas teatralizadas e os Vellos Oficios Vivos seguen a ser un forte reclamo turístico e cultural


Imaxe Asociada
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, segue a traballar para pechar a programación da edición do San Froilán 2009.

Nesta ocasión, a Concelleira anunciou novas actuacións musicais que terán lugar na cidade durante a celebración das festas patronais.

Burgo anunciou que o sábado día 10 de outubro actuará na Praza da Horta do Seminario o grupo Amaral. O público poderá disfrutar de forma gratuíta das novas cancións de Eva Amaral e Juan Aguirre incluídas no seu disco Gato Negro- Dragón Rojo.

Outro dos anuncios foi a actuación do grupo Los Planetas, o día 11 tamén na praza Horta do Seminario. Este concerto será o único que ofrecerá a banda en Galicia nunha xira por España que inclúe soamente catro ou cinco concertos.

Por outra banda, a Concelleira confirmou a actuación do grupo Revólver o martes día 6 de outubro. Os lucenses poderán disfrutar cos temas da banda de Carlos Goñi que leva 20 anos como un dos grupos que representa o mellor rock español.

Estes concertos súmanse as actuacións xa anunciadas polo Concello de Lugo:

- Nacho Vegas o día 8
- Michelle McCain o día 9
- María del Mar Bonet o día 11
- Fuxan os Ventos o día 12

Ademais, a Concelleira explicou que para ir quentando motores para o San Froilán, terán lugar dous concertos de pago, que non están contratados polo Concello pero que contan co seu apoio ao ceder o Auditorio Municipal para a súa celebración. Será Albert Plá o 28 de setembro que presentará a súa obra de teatro musical, e o día 30 Jarabe de Palo co seu Reciclado Tour.

Turismo no verán
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, informou “con satisfacción” dos visitantes que ao longo deste verán pasaron Pola Oficina Municipal de Turismo en agosto. Indicou que “tivemos un aumento do 30% en agosto con respecto ao ano anterior. Así, no mes de agosto atendéronse a 9.000 persoas máis do dobre que no mes de xullo”.

Mantense así o crecemento do Turismo da cidade e “salvamos a primeira temporada alta de Lugo”. Lugo pódese considerar xa un destino turístico consolidado.

O turismo nacional mantense como en anos anteriores, é practicamente doméstico. Destaca a presenza, como ven sendo habitual, de madrileños, casteláns. cataláns e andaluces.

Ademais unha das ofertas turísticas máis representativas do verán na cidade: as visitas teatralizadas Lugo de alma romana, contaron cun bo número de asistentes nos meses de xullo e agosto. “Están a ter moita máis xente que o ano pasado, e é un reclamo turístico e tamén cultural”, explicou Burgo.

Concurso de Tapas
A Concelleira indicou que o Concello ten a intención de salvar o tempo entre o verán e o San Froilán creouse o Concurso de Tapas. A quinta edición deste concurso que segundo Burgo, “está a ser modelo para moitas cidades”, terá lugar entre o 12 e o 27 de setembro.

Serán 40 participantes ao igual que o ano anterior divididos en dúas categorías:

Modalidade Creativa:

  • Ave César
  • Restaurante Paprica
  • Restaurante Tosar
  • Taberna de Daniel
  • Curmáns
  • Café bar Boletus
  • O Figón Tabernas Selectas
  • O Edén de Sara
  • Mesón da Pelusiña
  • Cinco Vigas
  • Restaurante Parrillada O Ventorro
  • Cafetería La Iguana
  • Restaurante Parrillada Antonio
  • Mesón Vinoteca Lubre
  • Cook
  • Bodegón Espolada
  • Restaurante Campos
  • La tapería de Baco
  • Pazo de Orbán- Taberna D1769
  • Restaurante España

Modalidade Tradicional:

  • Restaurante Antas de Ulla
  • Casa da Baixo
  • Pulpería O Castelo
  • 101 Vinos
  • Vinoteca Casa da Auga
  • Restaurante Savoy
  • O Pote
  • Tirabeque
  • Curruncho A Nosa Terra
  • Vinoteca La Sucursal
  • La Barra
  • Minuetto
  • Cervecería Baco
  • Taberna do España
  • El rincón de Santos
  • Pizzería Toscana
  • Parrillada Porta Santiago
  • Os Tilos
  • Restaurante Mesón de Alberto
  • Restaurante Manuel Manuel

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova