Cargando....
Concello de Lugo
21/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo salienta que os cursos formativos promovidos polo Concello "proporcionan estudos profesionais e a posibilidade de atopar emprego"


# Xoves, 03/09/2009
López Orozco e Sonia Méndez visitaron aos 15 alumnos que están a desenvolver o curso de electricista industrial

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, visitaron esta mañá aos alumnos do curso de electricista industrial que se enmarcan na oferta formativa do proxecto de inserción laboral Lugo Emprego Activo. Trátase dun proxecto confinanciado polo Fondo Social Europeo.

López Orozco salientou que os cursos formativos promovidos polo Concello de Lugo proporcionan estudos profesionais, ao tempo que abren a posibilidade de atopar traballo aos alumnos, todos eles en situación de desemprego.

O Alcalde de Lugo explicou que este ano o Goberno Local puxo en marcha 10 cursos de formación dos que 2 xa remataron e 8 se están a desenvolver en diferentes puntos da cidade. Así, destacou que se trata dunha iniciativa que busca, dun lado, a capacitación e a profesionalización en todos os sectores de actividade. Así mesmo, expuxo, “pretende colaborar na incorporación de persoal cualificado e competitivo ao mercado laboral”.

Aposta pola formación
O Concello de Lugo está a realizar unha forte aposta en políticas de fomento do emprego ao longo do ano 2009, para tratar de paliar os efectos da crise entre os lucenses. Ademais de incentivar a implantación de empresas, conxelar impostos e reactivar o traballo en sectores con dificultades mediante a contratación de obra pública, o equipo de Goberno está a por en marcha programas de formación e reciclaxe de persoas en paro.

Lugo, emprego activo é un plan integral de inserción sociolaboral no que a través de itinerarios personalizados, capacítase ás persoas beneficiarias para integrarse de maneira máis eficaz no mercado de traballo. No programa inclúense melloras de habilidades, procura de emprego, talleres, accións formativas, prácticas en empresas, e todo iso baixo a orientación, titorización e intermediación laboral ao longo de todo o proceso.

Formación teórico-práctica
O curso visitado hoxe polo Alcalde de Lugo foi adxudicado á Fundación Laboral da Construción que imparte a formación teórico-práctica nas súas instalacións. Ao remate, os 15 alumnos que participan no curso realizarán prácticas en empresas.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova