Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora coa organización do XLVI Gran Premio Ciclista da Milagrosa


# Xoves, 03/09/2009
A proba terá lugar o vindeiro sábado 5 de setembro entre as 16.00 e as 20.00 horas

O XLVI Gran Premio Ciclista da Milagrosa terá lugar o vindeiro sábado 5 de setembro organizado polo Club Ciclista Milagrosa en colaboración coa Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío.

A carreira, que terá lugar no circuíto da Avenida Duquesa de Lugo entre as 16:00 e as 20:00 horas, contará coa participación dun bo número de ciclistas das diferentes categorías: Escola (principiantes-alevíns-infantís), Cadetes e Juniors.

Entre os participantes haberá deportistas de clubes procedentes de toda Galicia, Asturias, Castela-León e Zamora.

Os participantes deberán realizar as seguintes probas segundo a súa categoría:

 Escolas

- Principiantes, Ginkanas
- Alevíns ( 3 voltas (3 km) )
- Infantís ( 12 voltas ( 12 km) )

Cadetes

- 20 voltas ( 40 km )

Junior

- 28 voltas ( 56 km )


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova