Imprimir

O ALCALDE DE LUGO DESTACA O PAPEL DOS SINDICATOS "NA DEFENSA DOS INTERESES, DA XUSTIZA E A SOLIDARIEDADE QUE DEBE HABER NUNHA SOCIEDADE PLURAL E DEMOCRÁTICA"


4/9/2009 López Orozco participou hoxe no X Congreso de UGT Lugo no que se elixía ao novo secretario de organización do sindicato

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, destacou esta mañá o papel dos sindicatos “na defensa dos intereses, da xustiza e da solidariedade que debe haber nunha sociedade plural e democrática”. Así o expuxo no X Congreso de UGT Lugo que hoxe elixía ao novo secretario de organización.

López Orozco subliñou que os sindicatos “son moi necesarios”, especialmente en época de crise. “É importante que a xente vexa que non está soa, que non hai un só Goberno, unha patronal, senón tamén uns sindicatos que se preocupan dos problemas reais que teñen todos e cada un dos veciños”, dixo.

Neste sentido, explicou que os problemas dos traballadores “son os problemas de todos e, entre todos, será moito máis fácil, mediante o entendemento e o encontro, atoparlles solución”.

En canto a UGT, López Orozco destacou o grao de entendemento que existe desde o Goberno Local co sindicato o que permite “lograr encontros que favorezan aos traballadores do Concello, que é o noso obxectivo”. Así mesmo, valorou a colaboración do sindicato en relación ao acordo por Lugo “que está a traballar e aunando esforzos para lograr o que outros non lograron”.