Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo participa na celebración das Guerras Cántabras


# Venres, 04/09/2009
A festa recrea a ocupación de Cantabria por parte das tropas romanas

O Concello de Lugo estará representado mañá nas Guerras Cántabras do Corrales de Buelna pola Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, convidada ao evento.

A Concelleira participará nesta festa que comezou no ano 2001 e que, ao igual que o Arde Lucus, recrean a época romana e, máis concretamente, a ocupación por parte das lexións romanas nesta zona de Cantabria.

Estas festas teñen unha duración de 10 días, nas que o visitante experimenta moitos momentos desa etapa histórica en ambientes recreados da época, como a chegada do emperador César Augusto ou a proclamación dos augurios por unha pitonisa. Tamén se poden contemplar os desfiles das tropas romanas e de guerreiros cántabros, as loitas entre gladiadores, asistir á venda de esclavos…


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova