Cargando....
Concello de Lugo
17/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo ultima un proxecto do reciclaxe de augas residuais que será pioneiro no Noroeste da península


# Luns, 07/09/2009
As augas depuradas e desinfectadas serán utilizadas para o rego de xardíns e baldeo industrial

A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Lino González Dopeso, está ultimar o proxecto de reutilización do 20% das augas residuais que se xeran no Concello de Lugo para o rego de xardíns e baldeo industrial. Con este proxecto Lugo será pioneira no noroeste da Península en materia de reciclaxe de auga e coa que se recuperan parte das augas residuais que se xeran na cidade para usos que non precisen da súa potabilidade.

O sistema para a reutilización das augas, que comezará o ano próximo, consiste, en primeiro lugar, no seu tratamento: depuración, e desinfección que mediante raios ultravioletas desactiva as bacterias para pasar ao seu almacenaxe e, finalmente, darlle usos industriais e municipais: rego de xardíns, baldeo de rúas e parques, lavado de coches, etc, usos para os que se está a empregar auga potable e para os que se gastan uns 200.000 metros cúbicos ao ano.

Con este proxecto o Concello aforrará o 20% do volume de auga que cada ano circula polo sistema de abastecemento da cidade e que ronda o millón de metros cúbicos. Pero, ademais, do aforro de auga, este sistema permite devolver a auga xa depurada ao río Miño.

Por outra banda este sistema inclúese na mellora do sistema de abastecemento de Lugo co que o Goberno Local pretende garantir o caudal do Miño ao seu paso pola cidade, mellorar a calidade da auga para o consumo humano e incrementar a capacidade de almacenamento.

En total, estes proxectos de mellora do abastecemento teñen un custe aproximado de 40 millóns de euros financiado polo Concello de Lugo e Acuanorte.

Con este sistema o Concello de Lugo mantén o seu compromiso na loita contra o cambio climático e a súa aposta polas políticas sostibles. O proxecto está sendo estudado pola Xunta de Galicia que, a través de Augas de Galicia iniciou conversas cos técnicos de Lugo para estudar a posibilidade de estender o sistema a outras vilas e cidades.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova