Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo manterá mañá unha reunión con Fomento para avanzar no proxecto da estación intermodal


# Martes, 08/09/2009
* López Orozco desprazarase a Madrid onde manterá unha xuntanza co secretario de Estado de Infraestruturas e os técnicos do Ministerio

* Destaca que Lugo ten a oportunidade de “ser unha cidade que modernice as súas infraestruturas e as poña á altura do século XXI”
* Subliña que traballará para que o proxecto da nova estación intermodal sexa o máis axeitado para a cidade e o seu futuro desenvolvemento

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, manterá mañá unha reunión no Ministerio de Fomento que dirixe José Blanco, para avanzar no proxecto da estación intermodal. López Orozco salienta que con esta xuntanza “continúa o traballo para que Lugo teña estación intermodal”, unha infraestrutura que permitirá que a cidade estea ao nivel doutras europeas en materia de comunicacións.

Na reunión, que se celebrará mañá pola tarde no Ministerio de Fomento, estarán presentes, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Secretario de Estado de Infraestructuras y Planificación, Víctor Morlán, e técnicos do Ministerio co obxectivo de “ir avanzando o calendario e as próximas reunións sobre o tema”. Trátase, explicou López Orozco, de que os técnicos vexan a solución e vaian preparando o proxecto para que Lugo teña estación intermodal “o antes posible”.

López Orozco destacou que é necesaria a colaboración do conxunto das administracións para levar a cabo os proxectos de futuro para a cidade. “Estou seguro de que contaremos co apoio de todas as institucións, mesmo tamén dos partidos políticos do Concello e, o máis importante -trasladou- da sociedade de Lugo, para que nos deamos conta de que temos unha grande oportunidade de ser unha cidade que modernice as súas infraestruturas e ás poña á altura do século XXI”.

O Alcade de Lugo subliña que traballará “cóbado con cóbado” con todos os implicados para que o proxecto da nova estación intermodal sexa o máis axeitado para a cidade e o seu futuro desenvolvemento.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova