Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lois Diéguez pregoará as festas de San Froilán deste ano


# Xoves, 10/09/2009
* Purificación López Ferreiro, Presidenta da Asociación de Xordos da cidade, será a encargada de facer a Ofrenda a Rosalía de Castro

Imaxe Asociada

* A apertura das portas da Muralla correra a cargo dos políticos
* As festas deste ano contarán con 19 concertos gratuítos

A Comisión de Festas celebrada hoxe no Concello de Lugo acordou por unanimidade designar a Lois Diéguez, escritor e funcionario do Concello ata a súa xubilación, pregoeiro das Festas de San Froilán de 2009. O Equipo de Goberno, os grupos con representación no Concello e os técnicos municipais decidiron, así mesmo, que Purificación López Ferreiro, Presidenta da Asociación de Xordos da cidade, sexa a encargada de facer a Ofrenda a Rosalía de Castro. Na elección tívose en conta que este ano foi declarada como lingua a linguaxe de signos.

Na reunión celebrada hoxe tamén se acordou por unanimidade, tal e como explicou a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, que o colectivo que este ano abra as portas da Muralla sexa o dos políticos. Así, o grupo socialista realizará a apertura de catro portas, ás mesmas que o popular, e o BNG 2.

Os partidos políticos adquiriron o compromiso de comunicar de xeito inmediato as persoas que se encargarán da apertura das portas e que, deste xeito, o programa oficial poida recoller estes datos.

Concertos
Concepción Burgo salientou ademais que este ano se contará con 19 concertos gratuítos. Neste sentido, avanzou actuacións de grupos de artistas da provincia. Lucía Pérez actuará o día 4 de outubro na Praza de Santa María e El Kiki o día 7 na Horta do Seminario.

Así mesmo, haberá un festival de hip hop o venres 9 na Horta do Seminario que contará coa actuación estelar de La Excepción.

A Concelleira deu conta da actuación do grupo The Wailers a mítica banda de Bob Marley que estará na cidade o día 4 de outubro na Praza da Horta do Seminario.

Concepción Burgo salientou que, tendo en conta o momento que viven os Concellos e o recorte presupostario que tiveron que sufrir as festas, se conseguiu un plantel moi atractivo “que gustará aos lucenses e traerá á cidade á xente de fóra”. Así, “conseguiremos unha dinamización económica importante para a hostalería, o comercio e outros sectores”, indicou.

Alumeado ornamental
Concepción Burgo deu conta ademais da adxudicación á empresa Iluminacións Santiaguesas do alumeado ornamental.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova