O 5º Concurso de Tapas de Lugo comeza esta fin de semana
# Xoves, 10/09/2009
Os 40 establecementos participantes terán a disposición do público a tapa coa que participan entre as 13.00 e as 15.30 e dende as 20.00 e as 22:30 horas
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Presidente da Asociación de Hostaleiros da Provincia, José Francisco Real, presentaron o 5º Concurso de Tapas de Lugo co que se pretende poñer en valor a cociña da cidade.
A Concelleira explicou que “se trata dun concurso que está xa consolidado e que conta cunha participación moi forte de lucenses e de visitantes”. Trátase dun concurso que ademais “de poñer en valor un dos produtos turísticos máis importantes da nosa cidade, que é a gastronomía, cubre o espazo entre a tempada de verán e San Froilán, que son dúas épocas moi fortes para o turismo da cidade”. Segundo Burgo, proba do éxito deste concurso é que serviu de exemplo para outros concursos de tapas.
A partir do vindeiro sábado 12 de setembro, e ata o día 27, un total de 40 establecementos da cidade terán á disposición do público a tapa coa que participan nesta nova edición na modalidade elixida tradicional ou creativa.
Os locais deberán ter a disposición do público a tapa coa que participan entre as 13:00 e as 15:30 horas e desde as 20:00 ata as 22:30 horas a un prezo entre 1 e 3 euros.
Os establecementos optarán a un total de sete premios:
- Premios de votación popular que decidirá o público que visite o establecemento votando a través do portal www.lugo.es a páxina www.lugoturismo.com ou a través dos cupóns que deberán introducir nas urnas situadas nos establecementos participantes.
Tapa Creativa San Froilán
Tapa Tradicional San Froilán
- Premios de votación polo xurado:
1 º Premio de Tapa Creativa
2º Premio de Tapa Creativa
1º Premio de Tapa Tradicional
2º Premio de Tapa Tradicional
- Premio á tapa que mellor maride co viño da D.O. Ribeira Sacra ou que mellor use este viño como ingrediente.
Os establecementos que participan no 5º Concurso de Tapas son os seguintes:
Modalidade Creativa:
- Ave César
- Restaurante Paprica
- Restaurante Tosar
- Taberna de Daniel
- Curmáns
- Café bar Boletus
- O Figón Tabernas Selectas
- O Edén de Sara
- Mesón da Pelusiña
- Cinco Vigas
- Restaurante Parrillada O Ventorro
- Cafetería La Iguana
- Restaurante Parrillada Antonio
- Mesón Vinoteca Lubre
- Cook
- Bodegón Espolada
- Restaurante Campos
- La tapería de Baco
- Pazo de Orbán- Taberna D1769
- Restaurante España
Modalidade Tradicional:
- Restaurante Antas de Ulla
- Casa da Baixo
- Pulpería O Castelo
- 101 Vinos
- Vinoteca Casa da Auga
- Restaurante Savoy
- O Pote
- Tirabeque
- Curruncho A Nosa Terra
- Vinoteca La Sucursal
- La Barra
- Minuetto
- Cervecería Baco
- Taberna do España
- El rincón de Santos
- Pizzería Toscana
- Parrillada Porta Santiago
- Os Tilos
- Restaurante Mesón de Alberto
- Restaurante Manuel Manuel
Consultar as bases (PDF 131 KB)
Web do CONCURSO DE TAPAS
Compartir: