Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo manifesta a súa disposición polo traballo en común "na mellor tarefa na que podemos traballar que é a tarefa do ensino"


# Xoves, 10/09/2009
* José López Orozco participou hoxe no CEIP Rosalía de Castro na inauguración do curso académico en educación infantil e primaria

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, ofreceu hoxe a colaboración e o traballo en común para acadar un gran pacto en materia de ensino. “Desde o Concello de Lugo sempre estaremos dispostos á colaboración e ao traballo en común porque isto non ten partido, eles son todos de todos e merece a pena ese pacto, ese acordo para que en Galicia todos traballemos en común na mellor tarefa que podemos traballar que é a tarefa do ensino”, expuxo.

Así llo trasladou esta mañá o Alcalde de Lugo ao Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, no acto de inauguración do curso académico en educación infantil e primaria 2009-2010 que tivo lugar no CEIP Rosalía de Castro.

Na súa intervención, o Alcalde de Lugo salientou que “o día de hoxe é importante para os nenos”, posto que “é o día do encontro e do reencontro”. López Orozco animou aos rapaces a traballar “moito” no curso que comeza, ao tempo que lles dixo que “non hai nada no mundo máis importante que ter unha boa educación e unha boa formación”.

“Estades poñendo ladrillo a ladrillo e ano a ano os cimentos que farán ese home e esa muller que seredes o día de mañá”, resaltou, polo que “é moi importante estudar e traballar moito”.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova