Cargando....
Concello de Lugo
15/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Foro de Igualdade ente Mulleres e Homes do Concello de Lugo realizará unha campaña de promoción do deporte feminino


# Xoves, 10/09/2009
Continuarase profundizando no estudo sobre a publicidade sexista

O Foro de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Lugo aprobou, nunha xuntanza mantida esta mañá, a realización dunha campaña de promoción do deporte feminino co obxectivo da sensibilización da sociedade, xa que a Concellería de Deportes detectou que existe unha desproporción visible en canto á maior participación de homes que de mulleres nas actividades deportivas.

No eido deportivo aprobouse tamén o fomento do deporte adaptado para persoas con discapacidade.

Os membros do foro acordaron modificar as bases de subvención do Concello para valorar a participación das mulleres nos cargos de dirección das asociacións e a creación das vocalías de muller. Das asociacións inscritas no concello soamente o 17´43% das asociacións veciñais están presididas por mulleres.

Por outra banda o Foro decidiu dirixirse aos Colexios profesionais da cidade para promover as vocalías de igualdade e cambiar os nomes para eliminar a linguaxe sexista, por exemplo: Colexio de Medicina en lugar de Colexio de Médicos.

En canto ao observatorio de publicidade sexista realizaranse varias actuacións. En primeiro lugar incluirase no observatorio urbano os indicadores de xénero, violencia de xénero e publicidade sexista no que se comezou xa a traballar mantendo as xuntanzas correspondentes cos técnicos de Desarrollo Local para poñer os ítems indicados.

Ademais, deuse conta das actividades do novo proxecto promovido pola Casa da Muller do Concello de Lugo para potenciar a igualdade entre mulleres e homes denominado Preto de Ti. Con esta iniciativa preténdense a colaboración e asesoramento a asociacións de mulleres da cidade que nace para dar resposta ás dúbidas e inquietudes das Asociacións de Mulleres en temática relacionada coa xestión do asociacionismo, accións de sensibilización e formación en materia de igualdade, prevención en materia de igualdade e violencia de xénero.

As accións que se van a levar a cabo e que comezan mañá:

- Obradoiro formativo sobre a Xestión de Subvencións e elaboración de proxectos e memorias no Centro de Convivencia Maruja Mallo o 11 de setembro das 10.30 ás 12.30 horas.

- Un curso de formación sobre violencia de xénero dirixido a educadoras sociais no Centro de Convivencia Maruja Mallo do 26 ao 390 de outubro das 9:00 ás 11:00 horas.

- Cine de Barrio coa temática muller e igualdade que terá lugar no Centro de Convivencia Díaz Castro o 22 de outubro ás 19:00 horas, e no Centro Social de Bóveda o 26 de outubro ás 19:00 horas.

- Unha xuntanza de presentación dos bancos do tempo, do seu funcionamento no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra o 6 de novembro ás 19:00 horas.

- Unha charla informativa sobre a sensibilización en materia de igualdade e o coidado da perspectiva de xénero na linguaxe no Centro de Convivencia Maruja Mallo o 21 de Xaneiro das 11:00 ás 13:00 horas.

- Unha charla informativa sobre o Autoemprego en feminino, as axudas, a procura de financiamento e o plan de empresas no Cei-Nodus o 2 de febreiro de 11:00 a 13:00 horas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova