Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participa na presentación da Deputación do proxecto do 1º centro de recría público de España


# Venres, 11/09/2009
O Presidente explicou diante o sector agrogandeiro as características deste centro que, con 3.000 novillas, triplicará a capacidade dos 14 existentes en Galicia e aforrará custes ós gandeiros.

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou hoxe na presentación por parte da Deputación de Lugo do 1º centro de recría público de España.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado do Alcalde de Castro de Rei –Juan José Díaz Valiño-, o Deputado provincial de Gandeiría -José María Arias-, a Subdirectora General de Conservación de Recursos y Alimentación animal do Ministerio de Medio Ambiente –Isabel García Sánz- e de técnicos de TRAGSA, presentou este venres o proxecto do Centro de Recría que o organismo provincial construirá nas súas instalacións da Granxa Gayoso-Castro, no Concello de Castro de Rei. Gómez Besteiro subliñou que “é un dos proxectos gandeiros máis revolucionarios levados a cabo nas últimas décadas en Galicia e será o primeiro centro de recría de iniciativa pública de España”, así como a súa teima “por facer unha Deputación útil e obrigarnos a ser aínda máis imaxinativos e responsables nesta época de crise”.

Tendo en conta que, en palabras do Presidente, “o leite é o ladrillo de Lugo e a vaca é como a Citroën”, esta é a grande aposta da Deputación polo sector agrogandeiro. O centro nace coa vocación de ser un referente non só a nivel galego, senón no noroeste peninsular, “polo que ten visos de ser como a segunda Universidade de Veterinaria de Galicia”, afirmou o Presidente. O proxecto terá tal magnitude que triplicará o servizo que prestan hoxe os 14 pequenos centros de recría existentes nesta Comunidade, xa que porá a disposición dos gandeiros 3.000 novillas e terá un investimento aproximado de 8,5 millóns de euros, preto de 1.500 millóns das antigas pesetas. “Segundo o estudo de Tragsa, os gandeiros galegos están recriando fundamentalmente no centro de Zaragoza unhas 4.000 novillas, o que supón un volume de negocio de 8 millóns de euros”, destacou o titular provincial.

As reses entrarán no Centro con 15 días e sairán preñadas con 24 meses de idade, momento no que acadarán os 700 quilos aproximadamente e serán devoltas á explotación de orixe. A infraestrutura disporá de 14 naves, nas que se ubicarán 370 casetas. Ocupará unha extensión de máis de 7 hectáreas construídas, ou o que é o mesmo, a súa superficie equivale a 5 campos de fútbol. “Cando llo encargamos a Tragsa pedímoslle aproveitar en todo o posible a granxa actual, reconvertindo as instalacións. Por iso conseguimos aproveitar 4.000 metros cadrados actuais, e construiremos os restantes: 68.000 metros cadrados”, relatou o Presidente.

As obras empezarán no primeiro semestre do próximo ano. Unha vez rexistrado o proxecto no Concello de Castro de Rei, remitirase ás Consellerías de Medio Ambiente, Urbanismo e Patrimonio para obter a licenza de obra e así iniciar os traballos. Por tanto, os prazos e a rapidez quedarán supeditados á axilidade coa que respondan.

Modelo compartido
No acto de presentación, no que participaron numerosos Alcaldes, deputados autonómicos e nacionais, entidades financeiras, gandeiros e cooperativas da provincia, sindicatos agrarios e destacadas empresas do sector, o titular provincial explicou a importancia que ten este servizo para a Deputación. Neste senso, subraiou que “na Granxa Gayoso-Castro non podiamos seguir competindo cos gandeiros. A Deputación non está para producir leite, senón para ser útil ó sector e máis neste momento de crise”. Por iso os obxectivos son: reducir custes nas explotacións, aumentar o número de prazas rendibles con animais co máximo nivel produtivo e genético, aforrar gastos das becerras e do tratamento de residuos e crear postos de traballo no rural, asegurando a continuidade das explotacións.

Gómez Besteiro explicou que “iniciamos unha senda onde buscaremos o apoio do Ministerio, Xunta, entidades financieras… porque queremos que sexa compartido pero a Deputación sacará este proxecto sí ou sí”. O Presidente tamén avanzou que “na xestión queremos implicar ó sector, que asumades responsabilidades nun proxecto como este”.

O centro de recría converterase nun “escenario de investigación, aberto ós alumnos de Veterinaria e doutras facultades” pero será especialmente innovador no seu modelo de xestión medioambiental de residuos, “Xa que estamos diante un centro autosuficiente, capaz de xestionar o 100% dos seus residuos, converténdoos en enerxía. A administración ten que dar exemplo”, explicou o Presidente. As 3.000 novillas xerarán 28.000 metros cúbicos ó ano de purín, o que obriga a facer unha xestión racional.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova