Imprimir

AS VISITAS DE LUGO DE ALMA ROMANA REMATAN ESTA FIN DE SEMANA


11/9/2009 Mañá ponse fin ás demostracións de Vellos Oficios Vivos

Esta fin de semana rematan as representacións das visitas teatralizadas Lugo de alma romana organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo e que comezaron o pasado 3 de xullo.

Ao longo das 66 sesións o público disfrutou coa a máxica historia das visitas teatralizadas coa que se amosaron os encantos da cidade.

Os últimos pases para disfrutar coa historia, que está a ter moito éxito entre os lucenses e visitantes, terán lugar no seguinte horario nesta fin de semana:

- Venres: ás 18:00 horas e ás 20:00 horas

- Sábado: ás 13:00 horas, ás 18:00 horas e ás 20:00 horas.

- Domingo: ás 13:00 horas.

Pódese recibir información e mercar as entradas no Centro de Interpretación da Muralla, nos hoteis da cidade e na Praza do Campo 15 minutos antes do comezo da visita.

Finalizan os Vellos Oficios Vivos
Por outra banda, as mostras dos Vellos Oficios Vivos que se realizan as fines de semana nos soportais da Praza Maior e que tratan de dar a coñecer os sistemas de traballo que empregan os artesáns galegos para confeccionar as súas pezas, chegan ao seu fin mañá sábado 12 de setembro.

Os que se acheguen ata o fondo dos soportais da Praza Maior poderán disfrutar nesta última demostración coas labores dun fiadeiro no que participarán sete artesáns que realizarán demostracións de tear, de tear fleques, un mazorgueiro, fía na roca, cardado de la e unha devandeira. Nesta xornada participarán tamén as cantareiras de Cantar nas Eiras.