Cargando....
Concello de Lugo
29/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza a sétima edición da Festa dos Maiores que se celebrará o 1 de outubro


# Venres, 11/09/2009
O prazo de inscrición estará aberto entre o 14 e o 18 de setembro

Imaxe Asociada
Con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores que conmemora desde 1990 a ONU, o xoves 1 de outubro, terá lugar a Festa dos Maiores organizada polo Concello de Lugo. Segundo explicou a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, “estes actos festivos buscan servir de xornada de convivencia entre os maiores e ofrecerlles actividades de lecer adaptadas aos seus gustos”. A festa terá lugar no Parque da Milagrosa ata as 19:30 horas.

A cita dará comezo coa celebración da recepción oficial por parte da Concelleira de Muller e Benestar Social, que abrirá o programa da festa que se prolongará ao longo de todo o día amenizado pola orquestra Acordes.

Ás 14.00 horas celebrarase o xantar, cun menú de 9 euros composto por entrantes, polbo a feira con cachelos, pan, viño, auga, postre e café.

As inscricións para participar na sétima edición da festa deberán realizarse a través dos boletíns de inscrición dispoñibles nos centros sociais municipais, entre o 14 e o 18 de setembro. Os requisitos para poder asistir a esta festa son ser maior de 60 anos e estar empadroado en Lugo. O día da celebración haberá un servizo de autobuses dende a zona rural, xa que “queremos que os maiores do rural e os maiores da zona urbana compartan este día de festa”, indicou Basadre.

A Concelleira explicou ademais que os matrimonios que cumpran as súas bodas de ouro este ano e as persoas que cumpran cen anos ou máis tamén no 2009, terán un agasallo nesta xornada.

Basadre manifestou estar “encantada de organizar esta festa para reivindicar que as persoas maiores teñen dereito a divertirse, a ser atendidas e ser respectadas; sobre todo na nosa cidade na que preto do 20% da poboación son persoas de máis de 65 anos”.

Casa das linguas
Por outra banda, a Concelleira expresou a súa satisfacción pola acollida que está a ter a Casa das Linguas de Acea de Olga entre os lucenses. Dende que se abriu o pasado mes de xullo, xa asistiu moita xente e contamos xa co primeiro grupo de francés que comezará a súa actividade na primeira semana de outubro”.


Ademais Basadre anunciou que a Asociación de pais e Nais adoptantes de nenas chinas realizarán actividades de ensinanza do Chinés no centro. “Trátase dun gran adelanto porque así a Casa das Linguas contará xa con tres idiomas: inglés, francés e chinés”.

Xa están funcionando neste centro as distintas actividades en inglés como son o visionado de series, o club do almorzo, cine, audiolibros…

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova