Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ORGANIZA PARTIDAS DE XADREZ CO INICIO DO NOVO CURSO


14/9/2009 As actividades terán lugar na Praza Maior entre o 14 e o 18 de setembro e o 28 e o 2 de outubro

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, organiza en colaboración coa Asociación Cultural Xaquedrum e o diario El Progreso con motivo do inicio do novo curso unha nova actividade que terá como protagonistas o xadrez e a lectura.

As actividade consiste en partidas de xadrez guiadas por monitores no taboleiro xigante da Praza Maior entre o día 14 e o 18 de setembro e do 28 de setembro ao 2 de outubro desde as 17:30 ata as 20:00 horas. O seu obxectivo é achegar aos cidadáns o deporte do xadrez e promover a súa práctica a través de torneos e do ensino das súas técnicas.

Ademais, se o tempo o permite, instalarase tamén o baúl viaxeiro para que os que se acheguen ata a Praza Maior podan ler mentres agardan para xogar ou simplemente polo pracer da lectura. Estas actividades que están orientadas a ofrecer unha alternativa de ocio educativo aos nenos e maiores.

Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa.