Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebrou un seminario para a Difusión da Creación de Empresas


# Martes, 15/09/2009
O obxectivo era achegar aos asistentes á cultura emprendedora

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou esta mañá no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo un Seminario para a Difusión da Creación de Empresas.

Organizado polo Concello en colaboración con BIC Galicia persegue o obxectivo de achegar aos asistentes á realidade do mundo da empresa, valorizar a figura do empresario e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, destacando a importancia de elaborar un plano de viabilidade e dando a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores galegos.

A metodoloxía deste seminario baseouse nas experiencias do Banco de Proxectos Empresariais de BIC Galicia - IGAPE, unha extensa base con cerca de 200 experiencias de emprendedores galegos. Ao longo de 3 horas os asistentes puideron coñecer de primeira man a experiencia dun emprendedor á hora de por en marcha o seu negocio.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova