Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebra a Semana da Mobilidade cun completo programa no que se inclúe o Día sen coches, o Día da Bicicleta e unha marcha saudable


# Martes, 15/09/2009
* Así mesmo, os nenos e nenas recibirán clases de educación vial no PIT

Imaxe Asociada
* A marcha saudable está dirixida a todos os cidadáns que desexen participar e pon fin ás actividades do programa Concellos Saudables
* O martes 22 de setembro o transporte público será gratuíto para todos os usuarios



O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentaron esta mañá a Semana de Mobilidade que inclúe clases de educación vial para os nenos e nenas, unha marcha saudable, así como o Día sen coches e o Día da Bicicleta. As actividades desenvólvense coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade.

Tal e como destacou José Rábade, as actividades programadas para esta semana pretenden avanzar na construción dunha cidade “máis vivible”. O Concello de Lugo elaborou un programa transversal no que participan varias Concellerías: Protección da Comunidade, Servizos Xerais e Deportes.

O programa de actividades desenvolverase entre mañá, mércores 16 de setembro e o próximo martes 22. Os tres primeiros días, os nenos e nenas das ociotecas dos centros de convivencia Maruja Mallo, Uxío Novoneyra e da Milagrosa, desprazaranse ata o PIT onde recibirán clases de educación vial. Os maiores de 8 anos poderán realizar prácticas en bicicletas.

Concellos Saudables
Así mesmo, o 19 de setembro desenvolverase a marcha saudable á que está convidada toda a cidadanía. A camiñata partirá ás 12,00 da mañá da Casa do Deporte cara o Paseo da Ponte Vella (Parque do Recinto de Feiras) co seguinte itinerario: Casa do Deporte, Avda Infanta Elena, Paseo do Rato, Parque do Miño e Paseo Ponte Vella.

A hora estimada de chegada é ás 13,30 á explanada do estadio Anxo Carro onde haberá autobuses habilitados que trasladarán aos que o desexen e de xeito gratuíto de novo á Casa do Deporte. O autobús realizará paradas en: Fonte dos Ranchos, Avda. da Coruña e Casa do Deporte.

O domingo 20 celebrarase o Día da Bicicleta e o Día sen coches. Así, pecharase o acceso ao recinto histórico a vehículos particulares estando permitido soamente o acceso a residentes e propietarios de prazas de garaxe na zona.

As bicicletas sairán ás 11,00 horas da Praza Maior onde se celebrará de 11,00 ata as 12,00 horas unha xincana ciclista para os máis pequenas. A ruta, de 5 quilómetros rematará no Centro Comercial As Termas.

O luns e o martes 21 e 22 de setembro haberá un circuíto de bicis na Praza de Anxo Fernández Gómez de 17,00 a 19,30 horas. Así mesmo, o martes 22 de setembro, o trasporte público será gratuíto para todos os usuarios.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova