Cargando....
Concello de Lugo
05/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e a Asociación de Familias Adoptantes en China acordan colaborar para que os usuarios da Casa das Linguas practiquen o chinés


# Martes, 15/09/2009
A Casa das Linguas ten recibido ata o de agora máis de 100 pre-inscricións para practicar inglés e francés

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo a través da Concellería de Servizos Xerais que dirixe Carmen Basadre e a Asociación de Familias de Lugo Adoptantes en China Chéng Bao acordaron colaborar para que os usuarios da Casa das Linguas teñan a posibilidade de practicar o chinés.

O Concello de Lugo e a Asociación veñen colaborando desde hai varios anos e, este ano, acordaron trasladar as súas clases de chinés á Casa das Linguas, situada na Estrada da Granxa, co obxectivo de que os interesados en aprender o idioma chino poidan integrarse nos seus grupos, titelados por un mestre chino.

Carmen Basadre destacou que esta colaboración permite, dun lado, manter a cultura china a todos aqueles vinculados co país oriental e, ao mesmo tempo, permitiralles aos aprender o idioma aos lucenses interesados.

A asociación utilizará un dos espazos da Casa das Linguas os mércores entre as 17,00 e as 19,30 horas e os xoves entre as 18,00 e as 19,00 horas.

A Casa das Linguas ten recibido xa máis de 100 solicitudes de usuarios que están interesados en aprender inglés e francés, os dous idiomas que actualmente oferta o centro. Aqueles interesados en aprender chinés terán que contactar coa Asociación que xestionará a incorporación ás clases.

Casa das Linguas


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova