Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta o programa das Festas do San Froilán que inclúe actuacións e espectáculos durante 15 días


# Xoves, 17/09/2009
O San Froilanciño recolle un completo ábano de actividades e xogos para os máis pequenos

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou esta mañá o programa das Festas do San Froilán 2009 que este ano inclúe actuacións e espectáculos durante 15 días, do 28 de setembro ao 12 de outubro.

Na súa intervención, a Concelleira explicou que este ano haberá 19 concertos gratuítos con máis de 20 artistas participantes. Así mesmo, haberá diferentes actuacións de artistas locais e o Festival de Folclore tradicional o día 10 de outubro.

Así mesmo, ao igual que outros anos, o sábado 10 de outubro celebrarase o Día de Ferrol. A corporación local lucense recibirá na Casa do Concello á corporación da cidade departamental.

Entre os eventos que inclúe o programa, Concepción Burgo referiuse á celebración o mércores día 7 de outubro do Día dos Maiores que rematará cunha verbena de tarde. Ese mesmo día terá lugar a cita coa gastronomía lucenses a través dunha degustación de rubia galega na Praza de Santa María promovida polo Concello de Lugo, a Deputación Provincial e a Asociación Agruga.

A cita permitirá dar a coñecer os produtos propios, así como promocionar a gastronomía galega a través da carne de tenreira.

A Familia Pelúdez participará un ano máis amenizando as festas. Haberá, ademais, dúas sesións de fogos de artificio e numerosas verbenas nocturnas nas que participarán orquestras como Panorama, París de Noia ou Sintonía de Vigo.

San Froilanciño
Os nenos terán a súa propia festa grazas ao San Froilanciño, evento que conta co seu propio cartel elaborado polos propios nenos de Lugo. O seu programa inclúe actividades e actuacións os días festivos e os laborais. Haberá actuacións de monicreques, humor e circo, música de gran e pequeno formato.

Así, instalarase unha carpa no parking do edificio administrativo do Seminario no que poderán desfrutar de paiasos, teatro, ciencia, globos, danza ou pompas de xabrón, entre outros.

Nova publicación
O día 7 de outubro ás 20,00 horas terá lugar a presentación dun novo volume da colección San Froilán dos Devanceiros baixo o título A festa máis fermosa do outono galaico. Trátase dunha selección recopilada polos mestres Luis Calvo e Iago Rodríguez sobre os escritores contemporáneos que teñen falado do San Froilán.

Tal e como destacou a Concelleira, un dos días máis importantes será o domingo das mozas, o día 11 de outubro. Ese día terá lugar a Ofrenda a Rosalía e a exhaltación do traxe tradicional galego.

Descargar Programa San Froilán 2009

sanfroilan.info


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova