Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participa na inauguración da exposición 3+3 Vigo. Xeración dos 50


# Venres, 18/09/2009
A mostra, que permanecerá aberta ó público ata o 8 de novembro, forma parte da programación das festas do San Froilán.

Imaxe Asociada Foto
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou xunto co Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, na inauguración na Capela de Santa María da exposción “3+3 Vigo. Xeración dos 50” nun acto ó que asistiu numeroso público. A mostra, que estará aberta ata o 8 de novembro, reúne obras de pintura e de escultura de 6 artistas pontevedreses que teñen como denominador común ter nado na década dos 50: Camilo Camaño, Victoria Fernández-Novoa, Antonio Abad, Andrés Conde, Rafa Calvo e Mingos Teixeira.

Gómez Besteiro, dixo que con iniciativas coma esta “convertemos esta Sala de exposicións da Capela de Santa María no referente das últimas tendencias non só de Galicia e de España senón tamén a nivel internacional. Colocamos Lugo no mapa, e abrimos a muralla que temos diante a toda Galicia”. Puxo coma outro exemplo a exposición “Borde Sur”, a través da que Lugo foi a primeira cidade que acolleu esta mostra de grandes artistas uruguaios, por diante doutras como Madrid, Barcelona ou mesmo Nova York.

O responsable provincial tamén destacou que “potenciamos a colaboración entre os Centros de Artesanía e Deseño dependente da Deputación e o Centro de Artesanía Tradicional de Vigo e estreitamos lazos entre as dúas cidades, que representan a Galicia atlántica e a Galicia interior. Deste xeito, favorecemos que os artistas vigueses amosen o seu traballo en Lugo, e que os lugueses se dean a coñecer fóra da nosa provincia”

Para o titular do organismo provincial “tamén é moi importante a colaboración co Concello de Lugo na promoción do San Froilán, xa que esta mostra forma parte da programación cultural que se ofrecerá ós milleiros de persoas que se achegarán a Lugo durante os festexos patronais”.

“3+3 Vigo. Xeración dos 50” reúne obra dun grupo caracterizado polo seu eclecticismo. Son 6 artistas con tendencias moi diferentes que compartiron unha mesma xeografía, clima e cultura na súa época de formación, unha orixe común deu como resultado obras tan diversas como as que se amosan na nesta mostra.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova