Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 10.500 degustacións na primeira semana do 5º Concurso de Tapas de Lugo


# Sábado, 19/09/2009
O horario de exposición da tapa debería ser o máis amplo posible garantindo un gran número de participantes no concurso

O 5º Concurso de Tapas de Lugo co que se pretende poñer en valor a cociña da cidade conta xa con máis de 10.500 degustación na súa primeira semana.

A Concelleira de Cultura e Turismo quere recordar que, tal e como recollen as bases, o público poderá degustar as tapas de 13,00 a 15,30 horas e de 20,00 a 22,30 horas mínimo a un prezo entre 1 e 3 euros.

Aínda que, lembra, tal e como se lle trasladou aos participantes, o desexable é que o horario de exposición da tapa sexa o máis amplo posible garantindo un gran número de participantes no concurso.

Así, Concepción Burgo confía na iniciativa dos hostaleiros que participan no concurso, así como na calidade dos servizos que se prestan aos clientes. “Deben intentar seducir aos clientes para conseguir algún dos cinco premios outorgados polo xurado ou algún dos dous premios que concede o público”.

Trátase dun concurso que está xa consolidado e que conta cunha participación moi forte de lucenses e de visitantes. Un concurso que ademais “de poñer en valor un dos produtos turísticos máis importantes da nosa cidade, que é a gastronomía, cubre o espazo entre a tempada de verán e San Froilán, que son dúas épocas moi fortes para o turismo da cidade”. Segundo Burgo, proba do éxito deste concurso é que serviu de exemplo para outros concursos de tapas.

Desde o pasado sábado e ata o día 27, un total de 40 establecementos da cidade terán á disposición do público a tapa coa que participan nesta nova edición na modalidade elixida tradicional ou creativa.

Os establecementos optarán a un total de sete premios. Son premios de votación popular que decidirá o público que visite o establecemento votando a través do portal www.lugo.es a páxina www.lugoturismo.com ou a través dos cupóns que deberán introducir nas urnas situadas nos establecementos participantes.

www.lugo.es/concursotapas


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova