Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aumenta a previsión de recadación derivada do imposto sobre bens inmobles


# Domingo, 20/09/2009
* O prazo voluntario de cobro irá do 21 de setembro ao 20 de novembro
* Os recibos domiciliados cobraranse o cinco de novembro


O Concello de Lugo abrirá mañá, luns 21 de setembro, o prazo voluntario para o pagamento do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e de vados.

A recadación sobre ben inmobles de natureza urbana suporá uns ingresos de 15.805502,53 euros derivados de 81.940 recibos. Hai un incremento de 2.090 recibos con respecto ao exercicio anterior o que supón un 2,62% máis. En relación cos ingresos, estes soben un 5,76% acadando 861.058,29 euros máis de recadación.

En relación co IBI de natureza rústica, o número de recibos é de 12.770, 62 menos que en 2008. Supón unha diminución porcentual do 0,48% aínda que os ingresos aumentan nun 0,93% con relación ao exercicio anterior, situándose nos 56.726,98 euros.

Cobro vados
O número de recibos das taxas por aproveitamentos especiais de vehículos da vía pública suporá unha recadación de 544.228,41 euros e un total de 3.614 recibos. O prazo para o seu cobro terá o mesmo período de duración que do IBI, dende o 21 de setembro ata o 20 de novembro. O incremento de recibos con respecto ao 2008 é de 128, cun incremento porcentual do 3,67%. O incremento en relación co importe é de 41.494 euros o que supón o 8,25 de incremento porcentual.

Medios de Pago
Para o pagamento destas taxas pódese optar por diferentes medios de pago. A Concellería de Economía puxo en marcha unha serie de medidas encamiñadas a dar máis garantías aos contribuíntes lucenses e mellorar os medios de pago coa administración local cumprindo os principios de transparencia e de claridade.

Unha das primeiras modificacións postas en marcha foi a ampliación das entidades colaboradoras no pagamento. A sinatura dun convenio con Caixanova permitiu a ampliación do número de entidades. Tamén se pode pagar en La Caixa.

Os recibos domiciliados cobraranse o cinco de novembro.

Outra das medidas postas en marcha foi a do pagamento online a través dunha pasarela de pago con Caixa Galicia e Caixanova. Este medio, un dos máis valorados polos contribuíntes.

A domiciliación de recibos, o pago a través de caixeiros -que permite pago en domingos e festivos e o pago mediante tarxeta, son outras das opcións das que dispoñen os veciños.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova