Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo promove unha marcha saudable na que participaron preto de 100 persoas


# Sábado, 19/09/2009
A camiñata pon fin ao programa de Concellos Saudables e súmase aos actos de conmemoración da Semana da Mobilidade

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, acompañada do Concelleiro de Deportes, José Manuel Grandío, participaron hoxe na marcha saudable que puxo fin á campaña Concellos Saudables. Na marcha participaron preto de 100 persoas que animaron ao Concello a repetir a iniciativa. A marcha forma parte das actividades organizadas polo Goberno Local para conmemorar a Semana da Mobilidade. A camiñata partiu da Casa do Deporte, percorreu o cinto verde da cidade e rematou na Fábrica da Luz.

Todos os participantes foron agasallados cunha mazá ecolóxica e unha auga, por cortesía de Cabreiroá.

Desde o pasado 28 de agosto o Concello de Lugo, en colaboración coa Consellería de Sanidade, puxo en marcha a unidade Saudable cuxa finalidade foi mobilizar, sensibilizar e orientar ao cidadán cara un estilo de vida san en canto ao exercicio e a unha alimentación máis equilibrada. A campaña pretendía promover uns hábitos de vida saudables entre os cidadáns.

A unidade do Concello Saudable foi un espazo itinerante que comezou a súa andaina o día 28 de agosto e percorreu toda a cidade ata o 19 de setembro.

O programa de actividades estivo dirixido a toda a cidadanía e obxectivos eran: promocionar a actividade física e promocionar unha alimentación sana. O Concello de Lugo, a través da Concellería de Servizos Xerais, colabora así no desenvolvemento de políticas e iniciativas activas co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos nosos cidadáns.

Destinado a toda a cidadanía
Todas aquelas persoas que participasen no espazo itinerante que percorreu a cidade, puideron coñecer un estudo de saúde realizando probas de esforzo e unha serie de medicións corporais. Así, entregáronselles unhas recomendacións tanto de exercicio como de alimentación adaptadas a cada caso concreto. As avaliacións e estudos foron realizados por un equipo multidisciplinar integrado por unha nutricionista, un licenciado e un diplomado en educación física.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova