Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AUTORIZACIÓNS DE ACCESO PARA RESIDENTES AFECTADOS POLOS CORTES DE TRÁFICO DE SAN FROILÁN


21/9/2009 Poden solicitar as autorizacións na Oficina de Atención ao Cidadán da Policía Local

O Concello de Lugo abriu hoxe o prazo para solicitar a autorización de acceso para os residentes que se vexan afectados polos cortes de tráfico durante as festas de San Froilán.

Os residentes que interesados en conseguir o permiso deben solicitala na Oficina de Atención ao Cidadán da Policía Local sita na Praza da Constitución en horario de 8:00 a 14:30 horas.

Non se permitirá que ningún vehículo estacione na zona afectada polos cortes de tráfico do recinto, polo que a autorización de acceso servirá unicamente para residentes con praza de garaxe na zona.

Por outra banda, lembramos que os medios interesados en acceder á zona cortada ao tráfico durante a celebración das festas patronais deberán facer a súa solicitude a través do correo electrónico: prensa@concellodelugo.org indicando: o medio, o lugar de estacionamento, as horas, a matrícula e o modelo de vehículo.