Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúan á venda as entradas para os concertos de Albert Pla e Jarabe de Palo


# Martes, 22/09/2009
* Os espectáculos previos ao San Froilán terán lugar o 28 e o 30 de setembro no auditorio municipal
* As entradas anticipadas poden adquirirse en www.caixanova.es


Imaxe Asociada
Lugo comeza a quentar motores para o San Froilán e a vindeira semana terán lugar xa dúas citas previas ás festas patronais.

O luns 28 de setembro o cantautor catalán Albert Pla presentará no Auditorio Municipal Gustavo Freire o seu último traballo: La Diferencia. O artista presentará a súa montaxe que mestura a música e o teatro, e co que interpretará varios temas do seu último disco.

Pla leva nos escenarios dende que tiña 22 anos e co seu primeiro disco tivo moito éxito entre a mocidade da súa xeración. Ao longo da súa carreira participou en proxectos moi dispares. No seu último disco, colabora con músicos como Quimi Portet, Diego Cortés, Tino di Geraldo e Pascal Comelade.

A outra cita previa ao San Froilán terá lugar o mércores 30 de setembro coa actuación do grupo liderado por Pau Donés Jarabe de Palo que presentará o seu Reciclando Tour, unha xira para teatros e auditorios, onde versionan as súas cancións máis coñecidas: La Flaca, El Lado Oscuro, Depende, Bonito, Agua, Déjame vivir, Grita,..

As entradas anticipadas para os dous espectáculos están á venda na páxina web www.caixanova.es

sanfroilan.info


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova