Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e Deputación de Lugo apostan pola rubia galega no San Froilán


# Martes, 22/09/2009
* As entidades local e provincial organizan, coa colaboración de ACRUGA, unha degustación de carne, na que se repartirán preto de 1.000 quilos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
* A cita gastronómica celebrarase o 7 de outubro, a partir das 19:30 horas, na Praza de Santa María


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Deputado de Gandería e Alcalde de Castroverde, José María Arias, e o Presidente da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA), César Dorado, presentaron este martes a primeira degustación de carne de Raza Rubia Galega, que se celebrará o 7 de outubro, a partir das 19:30 horas, na Praza de Santa María.

Pola súa banda, o Alcalde de Lugo destacou que o evento permitirá dar a coñecer os produtos propios, así como promocionar a gastronomía galega a través da carne de tenreira. Trátase dun día no que continuar coa celebración das festas e, ao mesmo tempo, por en valor un produto propio e de calidade como é a carne da rubia galega. López Orozco indicou que “ven o San Froilán e estamos na capital da Galicia rural e urbana, do que nos sentimos profundamente orgullosos e é unha das nosas señas de identidade”, e engadiu, “con esta degustación queremos que todos nos deamos conta do que se está a producir na nosa provincia e no noso municipio”.

Repartiranse preto de 1.000 quilos deste produto. José María Arias subliñou que “con esta iniciativa, a Deputación completa a excelente programación do Concello de Lugo prevista para o San Froilán. No hai que esquecer que os produtos típicos tamén son unha maneira de dar a coñecer Lugo a todos os que nos visitan con motivo das festas. Trátase dunha extraordinaria oportunidade para degustar esta carne que é apreciada non só en toda España, senón tamén fóra das nosas fronteiras”.

Expansión da raza
A degustación é posible grazas ao convenio de colaboración que a Deputación ten con ACRUGA desde 2007, e que establece que a Asociación deposita un número de novillas no centro de recría de rubia galega da Granxa Gayoso-Castro co obxectivo de expandir a raza. As reses cómpranse aos gandeiros e logo véndense a outros puntos de España.

Na actualidade, o centro da Granxa Gayoso-Castro dispón de 200 novillas que foron adquiridas por ACRUGA. “Esta colaboración e a degustación son un exemplo máis da aposta que fai a Deputación polo sector gandeiro en xeral, e que se completará o vindeiro ano coa construción do Centro de Recría de gando frisón. Será o primeiro centro público de España e o proxecto gandeiro máis revolucionario do agro galego levado a cabo nas últimas décadas. Estamos ante a Segunda Universidade de Veterinaria de Galicia”.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova