Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo destaca que os 50.000 euros do Plan Urban para a modernización do comercio do centro seguirán promovendo a economía da cidade


# Martes, 22/09/2009
* Nos vindeiros meses cambiarase o pavimento da rúa Armanyá coa rúa Tenente Coronel Teixeiro por mor do seu mal estado


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

* Ademais levaranse a cabo a mellora do alumeado nas rúas Progreso, Teatro e Norias

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, destacou esta mañá que os 50.000 euros do Plan Urban para a modernización do centro seguirán promovendo a economía da cidade. O Alcalde de Lugo mantivo hoxe unha xuntanza da Mesa de Comercio na que participou a Federación Galega de Comercio e a Asociación Provincial de Hostalaría de Lugo.

Na xuntanza, o Alcalde de Lugo trasladoulles aos participantes os traballos que se están a facer desde o Concello no centro histórico da cidade en relación co Plan Urban e as obras que se farán na zona.

Neste sentido, López Orozco deu conta de varios proxectos que se van realizar nos vindeiros meses. Así, referiuse ao cambio de pavimento da rúa Armanyá coa rúa Tenente Coronel Teixeiro por mor do seu mal estado. O Alcalde explicou que se fará tendo en conta o tempo para evitar molestar, na medida do posible, aos comerciantes nas épocas nas que hai máis vendas.

As obras contan cun orzamento de 172.000 euros e comezarán unha vez se consensue co sector a mellor época para acometelas.

López Orozco deu conta así mesmo, do inicio das obras xa licitadas do proxecto de alumeado da Rúa Progreso, Rúa Teatro e Rúa Norias. Haberá segunda fase, explicou, na que se rematará con todo o alumeado do centro histórico.

Plan Urban
O Alcalde trasladoulles a “boa marcha” das subvencións por un importe de 50.000 euros para a modernización do comercio do centro. Así mesmo, deuse conta da adxudicación do proxecto de peonización de San Marcos e do Vello Cárcere. López Orozco explicou que as subvencións gozan de grande acollida entre os comerciantes do centro polo que seguiremos facendo este traballo a favor da cidade, do comercio e da hostalería e, polo tanto pola economía da cidade.

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega do Comercio en Lugo, José María Seijas, destacou a boa acolllida do Plan Urban entre os comerciantes. En relación coas obras expresou a súa satisfacción porque se manterán xuntanzas cos representantes de cada zona para coordinar e desenvolvelas de forma que se moleste o menos posible aos cidadáns.

www.lugo.es/urban


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova