Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pon en marcha a nova páxina web de San Froilán 2009


# Mércores, 23/09/2009
Pódese acceder a través de http://sanfroilan.info, do portal do Concello e dende a páxina de Lugoturismo

O Concello de Lugo a través da Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo puxo en marcha a nova páxina web das festas de San Froilán 2009. Pódese acceder a este espazo poñendo a seguinte dirección no navegador http://sanfroilan.info ou a través do portal web do Concello www.lugo.es e www.lugoturismo.com .

Neste novo site poderase acceder a toda a información sobre as festas patronais de Lugo que este ano celebran a súa 255 edición. O internauta poderá coñecer a historia dos festexos, o programa dos maiores, dos nenos e de deportes, descargarse o cartel, postais, ver fotografías doutros anos e ler o saúdo do Alcalde e da Concelleira de Cultura.

O novo espazo permite ao visitante descargarse un plano do centro da cidade no que se indican os lugares que congregan ao longo dos 9 días de festa o maior número de actividades. Ademais, pódense coñecer as publicacións editadas polo Concello de Lugo con motivo das festas.

O San Froilán xa está na Rede para que todos e todas poidan coñecer o gran número de actividades que se desenvolverán do 4 ao 12 de outubro na cidade dende calquera parte do mundo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova