Imprimir

O CONCELLO DE LUGO COLABORA COAS XXIII XORNADAS PENITENCIARIAS LUCENSES QUE PRETENDEN ACHEGAR OS TEMAS PENAIS "DE INTERESE E ACTUALIDADE PARA TODA A CIDADANÍA"


23/9/2009 * As xornadas desenvolveranse o luns 28, o martes 29 e o mércores 30

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá na presentación das XXIII Xornadas Penitenciarias Lucenses organizadas pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal Lugo que se desenvolverán na cidade a semana do 28 de setembro. Unha xornada gratuíta destinada aos profesionais e á cidadanía en xeral.

López Orozco destacou a importancia dunhas xornadas que levan celebrándose durante 23 anos e que pretenden achegar “os temas xurídicos de interese e actualidade a toda a sociedade”. Trátase dunhas xornadas, expuxo, “que versan sempre sobre os aspectos novidosos que chaman a atención aos especialistas e á cidadanía”. Así, animou aos organizadores a seguir traballando nesa dirección para que teñan continuidade.

As xornadas deste ano desenvolveranse o luns 28, o martes 29 e o mércores 30 no salón de actos da Fundación CaixaGalicia. Este ano versarán sobre os aspectos novidosos na reforma do Código Penal español.

Os organizadores destacaron o alto nivel do programa que inclúe e a presenza de grandes xuristas e especialistas neste campo.