Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibiu ao Campión Galego de Fondo e ao Campión Galego en Contrareloxo de ciclismo


# Mércores, 23/09/2009
Os deportistas lucenses recibiron unha medalla da Muralla como recordo pola súa visita


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron na Casa do Concello ao Campión Galego en Contrareloxo, Gustavo Rodríguez, e ao Campión Galego de Fondo en Estrada 2008/2009, José Antonio Cerezo Navia, do Club Ciclista Cidade de Lugo.

O Alcalde resaltou o seu traballo e a súa dedicación ao deporte durante anos. O rexedor local afirmou que “para nos é unha enorme ledicia recibirvos no Salón de Plenos polos vosos éxitos deportivos”, e engadiu, “é un orgullo que levedes o nome da nosa cidade ao máis alto dos campionatos de ciclismo nos que participades”.

López Orozco indicou aos deportistas lucenses que son “un modelo para a mocidade da cidade, un exemplo de esforzo e de vida saudable”.

Como recordo da súa visita ao Concello o Alcalde entregoulles aos deportistas unha medalla da Muralla Patrimonio Mundial. Pola súa banda o Club Ciclista Cidade de Lugo obsequiou ao Alcalde cun mallot do equipo asinado por eles.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova