Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Uns 650 axentes garantirán a seguridade nas festas de San Froilán 2009


# Mércores, 23/09/2009
* A Xunta Local de Seguridade estableceu o plan operativo das festas patronais * O Alcalde e o Subdelegado do Goberno afirmaron que o San Froilán é unha das festas máis seguras e tranquilas de España

Imaxe Asociada
A Xunta Local de Seguridade celebrou unha xuntanza esta mañá no Concello de Lugo para establecer o Plan Operativo das Festas de San Froilán 2009. Nesta xuntanza, que presidiu o Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto ao Subdelegado do Goberno, Jesús Vázquez Portomeñe, estiveron presentes tamén o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, e representantes dos Corpos de Seguridade do Estado, autonómicos e locais.

O Alcalde explicou que o obxectivo desta xuntanza é garantir a seguridade dos veciños e veciñas da cidade, así como de todos os visitantes durante as festas entre o 4 e o 12 de outubro.

López Orozco indicou que a cidadanía pode estar tranquila, xa que estamos nunha cidade cívica e as nosas festas son das máis seguras de toda España. Para manter esta situación arredor de 650 axentes dos corpos e forzas de seguridade “traballarán perfectamente coordinados para previr os posibles problemas que podan xurdir nun evento tan multitudinario como son as festas de San Froilán”.

O Alcalde pediu aos veciños e veciñas de Lugo a maior comprensión ante as posibles molestias que podan afectarlles con motivo desta celebración na rúa, pero que lembren que son tempos para que todos o pasen ben. López Orozco afirmou que “estou convencido de que imos ter unha festa tranquila e cívica, que saiba a xente que en Lugo non hai problemas polo que non poden deixar de vir á nosa cidade”, un aspecto que corroborou tamén o Subdelegado do Goberno.

Portomeñe afirmou que os corpos de seguridade saben perfectamente o que teñen que facer cada día das festas para manter a tranquilidade e a convivencia nos festexos.

Venda Ambulante
O Alcalde e o Subdelegado indicaron que se realizará un forte control de venda ambulante, que xa se está a levar a cabo coa chegada dos vendedores. Realizarase unha maior vixilancia e coa aplicación da Ordenanza que regula este tipo de comercio. O obxectivo é defender aos vendedores que adquiriron o seu posto  de forma legal da competencia desleal. O Alcalde pediu a colaboración da cidadanía e dos comerciantes para que denuncien as situacións ilegais para poder actuar conforme a lei e poder evitar esta competencia desleal.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova