Cargando....
Concello de Lugo
13/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora un ano máis coa celebración da Feira do Mel que este ano contará con máis apicultores


# Xoves, 24/09/2009
A cita será o vindeiro domingo 27 de setembro na praza da Soidade

Imaxe Asociada
Un ano máis Lugo acolle unha nova edición da Feira do Mel que foi presentada esta mañá pola Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e os representantes da da Asociación Provincial Lucense de Apicultura, Antonio Mon e Iván Francisco Vázquez.

Como todos os anos o Concello colabora con esta cita do mel que terá lugar o domingo 27 de setembro na Praza da Soidade.

A feira, na que estarán presentes 21 expositores, dous máis que o ano anterior, abrirá as súas portas das dez da mañá ás sete da tarde e ofrecerá tanto exposición e venda de produtos apícolas da provincia como divulgación desta profesión. Está previsto que se poñan á venda 2.100 quilos de mel a  6´5 euros ó quilo e a 4 euros o medio quilo.
   
A inauguración oficial terá lugar ás 12:00 horas e ás 17:30 terá lugar un sorteo de produtos apícolas.
     
A Concelleira animou a todos a participar neste evento e "achegarse para mercar un produto que ten excelentes propiedades para a saúde”, e indicou que “é unha satisfacción para o equipo de Goberno participar con todo o que sexa promocionar os produtos da nosa provincia”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova