Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez avanza que o Concello de Lugo seguirá colaborando coa EOI para axudar ás empresas "a que sobrevivan e sexan máis competitivas"


# Xoves, 24/09/2009
Así o destacou na entrega de diplomas do curso ‘Xestión Financeira en empresas’ que se desenvolveu desde o 21 de abril ata o 3 de xullo e no que participaron 24 emprendedores lucenses

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, avanzou esta mañá que o Concello de Lugo seguirá colaborando coa Escola de Organización Industrial (EOI) para axudar ás empresas a que sobrevivan e sexan máis competitivas. Así o explicou no CEI onde participou na entrega de diplomas do curso Xestión Financeira en empresas que se desenvolveu desde o 21 de abril ata o 3 de xullo e no que participaron 24 emprendedores lucenses.

No curso, impartido pola EOI, participaron 24 empresas lucenses. Sonia Méndez estivo acompañada polo coordinador do curso, Víctor Benítez e polo director de proxectos, Juan Montero.

Na súa intervención, a Concelleira de Economía e Emprego felicitou aos participantes no curso, ao tempo que os animou a que sigan completando a súa formación para mellorar a competitividade de empresas e empresarios.

Sonia Méndez anunció que o Concello de Lugo seguirá colaborando coa EOI o próximo ano ofrecendo cursos formativos para os empresarios que lles permitan seguir avanzando porque, salientou, “merece a pena invertir nas empresas lucenses”.

A Concelleira recordou o esforzo que está levando a cabo o Concello de Lugo por manter o centro de empresas colaborando de xeito continuo cos empresarios da cidade.

O curso desenvolveuse en colaboración co Concello de Lugo e grazas á cofinanciación do Fondo Social Europeo e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Estivo dirixido a titulados universitarios o non titulados con experiencia e traballando actualmente na área económica-financeira de empresas que desexaran mellorar métodos, sistemas, organización, xestión, axustados ás características da PYME. Así mesmo, estaba dedicado a xerentes de PYMES que desexaran liderar unha revisión da función económico-financeira das súas empresas ou a profesionalización do departamento.

No curso participaron 14 homes e 10 mulleres.

Apoio do Concello
Con esta acción formativa, o Concello de Lugo pretendía facilitar ás empresas coñecementos teóricos e prácticos que lles permitan avaliar a súa propia situación económica, ao tempo que as dota das claves precisas para saber como xestionar a súa actividade financeira ou como actuar en situacións de crise.

EOI
A Fundación EOI é unha Fundación Pública en cuxo patronato se atopan, entre outros, o Ministerio de Industria, a Oficina Española de Patentes e Marcas e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial. Dende hai máis de 50 anos, a súa Escola de Negocios adícase a desenvolver o talento directivo e a mellorar a cualificación técnica dos titulados universitarios, directivos e empresarios.

Todo elo xunto coa intensa labor de cooperación coa contorna empresarial, a ampla e variada actividade extra-académica e o claro compromiso coa xeración de coñecementos e iniciativas útiles para a sociedade, fai de EOI Escola de Negocios unha institución única para o fomento e o desenvolvemento dos directivos e profesionais do noso país.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova