Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo trasládalle ao Ministro de Sanidade de Camerún a riqueza e as potencialidades de Galicia e da cidade de Lugo


# Xoves, 24/09/2009
López Orozco recibiu tamén ao actor Eduardo Fajardo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na casa do Concello ao Ministro de Sanidade de Camerún, Urbain Olanguena Awono, que está a visitar a cidade para establecer a colaboración entre o país africano e Lugo no mundo da saúde ao asinar un convenio de colaboración coa empresa lucense NUPEL.

O político camerunés asinou no Libro de Honra do Concello no que expresou o seu agradecemento pola acollida que tivo en Lugo e por ser recibido “neste edificio que representa á cidade”.

O rexedor lucense entregou ao ministro, como agasallo e recordo da súa visita, un libro sobre a Muralla de Lugo en inglés e un pin da Mosqueira.

Despois da recepción oficial o Alcalde mantivo un encontro privado co ministro no que lle explicou a riqueza e as potencialidades de Galicia e, en especial, da cidade de Lugo.


Recepción de cine
Por outra banda, esta mañá o Alcalde tamén recibiu ao actor Eduardo Fajardo que é o Homenaxeado pola XXXI Semana Internacional de Cine de Autor. Neste acto tamén estiveron presentes o director do certame, Manuel Curiel e Xulio Giz, presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.

O Alcalde e o actor intercambiaron as súas experiencias sobre diferentes rutas a realizar por Galicia e, en especial, sobre a espectacular paisaxe da provincia de Lugo.

Como recordo da súa visita o Alcalde entregou a Fajardo un libro sobre o San Froilán e outro dos Poetas de Lugo. Pola súa banda o actor entregou a López Orozco un libro que recolle a súa historia no mundo do cine.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova