Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo valora o plan anunciado pola Xunta por recoñecer o esforzo dos promotores do Plan Lugo


# Xoves, 24/09/2009
* Bota en falta a ausencia da Deputación Provincial e do Estado no seu programa

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, valora o plan anunciado hoxe na cidade polo presidente da Xunta por recoñecer o esforzo dos promotores do Plan Lugo, ao que o Executivo Local tamén ten sumado o seu apoio desde o seu inicio. Así mesmo, salienta o feito de que o programa Impulsa-Lugo recolla medidas discriminatorias positivas para as empresas de Lugo.

En segundo lugar, o Alcalde de Lugo considera que é necesario incluír no programa a colaboración da Deputación Provincial e da entidade CaixaGalicia, posto que eles xa contan cun plan estratéxico que beneficiará a toda a provincia.

Neste sentido, López Orozco manifesta “botar de menos” que non se conte coa Deputación Provincial que dirixe José Ramón Besteiro nin co Estado, que espera, estean incluídos no programa. Así, no comité de seguimento do programa non se inclúe a ningunha das dúas administracións.

Por último, o Alcalde de Lugo bota de menos, así mesmo, referencias ao solo empresarial da cidade e á axilización do polígono das Gándaras “como peza clave para xerar investimento e emprego na provincia”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova