Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta o Plan de Tráfico co obxectivo de ordenar a circulación na cidade durante as festas de San Froilán


# Venres, 25/09/2009
As vías incluídas dentro do Recinto Feiral serán cortadas ó tráfico a partir das 19:00

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, e o Xefe do Gabinete de Tráfico, Manuel García Ferreiro, presentaron hoxe o Plan de Tráfico para as festas de San Froilán 2009 co que se persegue ser o o máis práctico e efectivo posible.

O Plan ten como principal obxectivo ordenar a circulación na cidade para causar as menores molestias aos veciños e veciñas durante os días de festa, polos cortes de tráfico, e potenciar o uso do transporte urbano.

As vías incluídas dentro do Recinto Feiral serán cortadas ó tráfico a partir das 19:00 horas para garantir o normal desenvolvemento das actividades festivas, agás os días nos que a maior afluencia impida o acceso dos vehículos en función das necesidades. Forman parte do recinto Feiral: a avenida de García Protela, rúa Pascual Veiga, rúa Puro Cora, Praza de Avilés, a avenida de Rodríguez Mourelo, glorieta Irmáns Pedrosa, o primeiro tramo da avenida de Ramón Ferreiro, rúa Bispo Aguire e a rúa Anxo López Pérez.

As vías pertencentes á área de influencia do recinto feiral sufrirán variacións no momento no que se proceda ao corte de tráfico do recinto feiral. A rúa Santiago ordenarase e señalizarase para convertela en vía de sentido único para dar fluidez á Ronda da Muralla. Tamén sufrirá modificacións Carril dos Loureiros que cambiará o seu sentido de circulación para facilitar o acceso dos residentes ás súas prazas de garaxe.

Dende a Concellería de Protección da Comunidade farase un esforzo adicional para garantir a fluidez do tráfico en todo momento coa presenza de policías na zona e coa regulación dos ciclos dos semáforos nos cruces que así o precisen. O Concelleiro lembrou que os residentes afectados polos cortes de tráfico poderán proveerse da correspondente autorización de acceso na Oficina Integral de Atención á Cidadanía da Policía Local sita na Praza da Constitución en horario de 8:00 a 14:30 horas.

Ademais polo gran número de visitantes nestas datas na cidade, disporase de cinco zonas de aparcamento preto das principais vías de acceso á cidade:

- Dúas zonas de aparcamento na rúa Campos Novos.

- Un na rúa Madanela.

- No aparcamento das Termas.

- Rúa Poeta Noriega Varela.

Estos aparcamentos alternativos contarán cun servizo de bus urbano para acceder ó Recinto Ferial e intentar reducir o uso do vehículo privado no centro da cidade. Serán dúas liñas de autobús as que unirán as cinco zonas habilitadas coa zona da festa. Ademais, as liñas 3A, 4E, 5E e 6E prolongarán o seu servizo ata as dúas da madrugada os días 4, 5, 6, 11 e 12 de outubro.

O Concelleiro anunciou que “o 5 de outubro o servizo de autobús será gratuíto”.

Plano Procedemento A Plan de Tráfico
Plano Procedemento B Plan de Tráfico
Liñas e servizos especiais Autobuses
Comunicado do Gabinete de Tráfico
sanfroilan.info
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova