Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo convoca unha nova edición do premio de deseño gráfico sobre a violencia de xénero


# Venres, 25/09/2009
O certame centrarase na prevención da violencia entre a mocidade

A Casa da Muller do Concello de Lugo convoca un ano máis o Premio de Deseño Gráfico A Violencia de Xénero ao que poderán concorrer cantos autores e autoras o desexen, con traballos de tamaño e técnica libres, e que deberán ser presentados sobre un soporte ríxido que facilite a súa posible exposición.

A intención da Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, é que os deseños contribúan a destacar o tema da violencia de xénero, debéndose centrar no tratamento deste grave problema entre á mocidade. O obxectivo é facer fincapé na prevención da violencia dirixíndose aos mozos e mozas.

Deberán incluír no cartel o logo do Concello de Lugo e o logotipo da Casa da Muller.

A autora ou autor do deseño que resulte gañador recibirá un premio dotado con 600 euros e un agasallo. O resto dos carteis presentados poderán ser expostos ó público.

A entrega dos orixinais debe facerse, por correo ou persoalmente, na Casa da Muller do Concello de Lugo na Avda. da Coruña, 212 (Chalet Parque da Milagrosa), ata as 13:00 horas do día 16 de outubro de maneira anónima e baixo lema, en sobre adxunto pechado, indicarase o nome, enderezo e teléfono.

O xurado para a elección do gañador estará integrado pola Concelleira de Muller e persoal técnico da Casa da Muller, co asesoramento de deseñadoras e deseñadores.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova