Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O 5º Concurso de Tapas do Concello de Lugo remata esta fin de semana


# Venres, 25/09/2009
Os 40 establecementos participantes optan a sete premios

O 5º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo remata o vindeiro domingo 27 de setembro. Ao longo de toda a fin de semana o público poderá disfrutar da gran variedade de tapas que os hostaleiros da cidade presentaron ao certame.

O público pode degustar as tapas no seguinte horario de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 a 22.30 horas.

Os 40 establecementos participantes optan a conseguir algún dos cinco premios outorgados polo xurado ou algún dos dous premios outorgados polo público votando a través de www.lugo.es e www.lugoturismo.com ou nas urnas depositadas nos establecementos.

Por outra banda, xa está formado o xurado que elixirá ós oito semifinalistas do 5º concurso de tapas no Gran Hotel de Lugo nos días 30 de setembro e 1 de outubro son:

- Francisco Outeiro - Director da Escola de Hostalería San Javier. A Coruña.
- José Francisco Caneda Martínez - Profesor de Cociña do Obradoiro de Emprego de Hostalería do Salnés. Pertence á Mancomunidade de O Salnés. 1ª Escola Taller de Hostalería de España.
- Víctor Teo profesor de cociña do CIFP Compostela. Santiago.
- Constantino Iglesias – Director do Centro de Formación de Hostelería. Ourense.
- Samuel Pérez Pintos - Xefe Departamento de Cociña IES Fraga do Eume.

O xurado de expertos que elixirá o día 2 de outubro, de entre os oito finalistas previamente seleccionados, aos catro gañadores desta edición, está composto por:

1. Patricia Cuevas - Directora do CSHG.
2. Benigno Campos - Cociñeiro programa TVG Larpeiros.
3. Tomás Alonso Rodríguez – Xornalista - presentador do programa da TVG Larpeiros.
4. D. José María Martínez Alonso (coñecido como Pepe Beiro), membro do panel de cata do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, ademais da Denominación de Orixe de Valdeorras e do Ribeiro.
5. Enrique Covos - Director do departamento de cociña IES San Xillao.

www.lugo.es/concursotapas




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova