Imprimir

O CONCELLO DE LUGO COLABORA CO CLUB DE NATACIÓN PORTA MIÑÁ DE QUE CELEBRA A SÚA APERTURA DE CURSO NA PISCINA MUNICIPAL DAS PEDREIRAS


25/9/2009 A presentación do equipo terá lugar mañá sábado a partir das 13.30 horas

O club de natación lucense Porta Miñá, co comezo do novo curso 2009-2010, presenta ao seu equipo de natación mañá sábado, 26 de setembro, nas instalacións municipais da piscina municipal das Pedreiras.

Neste acto participarán o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, que compartirán a celebración cos deportistas lucenses que tantos títulos veñen conseguindo para a cidade nas diferentes competicións.

Nesta presentación participarán arredor de 200 deportistas. O público asistente poderá disfrutar coa demostración de natación sincronizada que terá lugar a partir das 13:50 horas.