Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ABRE O DOMINGO OS SEUS MUSEOS AO PÚBLICO DE XEITO GRATUÍTO PARA CONMEMORAR O DÍA DO TURISMO


25/9/2009 O Concello de Lugo permitirá o acceso gratuíto aos museos municipais da cidade o próximo domingo 27 con motivo do Día do Turismo.

Así, nos seguintes museos municipais o acceso será de balde:

- Porta Miñá
- Centro de Interpretación da Muralla
- Casa dos Mosaicos
- Centro Arqueolóxico de San Roque

O horario de apertura dos museos será o habitual.

Rede de Museos Municipais