Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo inaugura na Coruña un stand sobre a cidade co que pretende que os coruñeses "nos visiten máis e que acudan ás festas do San Froilán"


# Luns, 28/09/2009
O stand está ubicado nas instalacións do Centro Comercial Dolce Vita por onde pasan a diario centos de persoas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
* O espazo do Concello de Lugo conta con información sobre a cidade, grandes fotos que dan conta da súa beleza, así como programas das festas de San Froilán
* O Concello e a Deputación de Lugo contarán co stand durante un ano para promocionar a cidade e a provincia

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou esta mañá na Coruña un stand sobre a cidade co que o Executivo Local pretende que os coruñeses “visiten máis a cidade e que acudan ás festas do San Froilán”. O Alcalde estivo acompañado na inauguración pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, así como polo xerente do centro comercial onde se instalou o stand, Dolce Vita, Javier Moreno, o Concelleiro de Festas do Concello de Coruña, Carlos González, e o presidente do Instituto de Estudos Torre de Hércules, Segundo Pardo.

O stand contará con información relacionada coas festas do San Froilán e poderá visitarse entre hoxe e o día de remate das festas. O espazo está ubicado no centro comercial Dolce Vita, no Polígono da Grela, polo que pasan centos de persoas cada día.

O centro Comercial Dolce Vita cedeu o espazo ao Concello de Lugo durante un ano para que promocione a cidade. O Concello e a Deputación de Lugo realizarán de xeito continuo accións promocionais e de achegamento de Lugo aos coruñeses a aos seus visitantes.

Todos os elementos cos que conta o stand foron traídos da cidade de Lugo e donados por empresas lucenses. Así, as prantas foron cedidas por Calfensa, o inmobiliario por Aspnais, ao tempo que se realizou unha degustación de polbo, produto estrela do San Froilán, e outros produtos típicos por cortesía do establecemento lucense Curmáns.

Nas súa intervención, o Alcalde de Lugo destacou as boas relacións que existen entre a cidade de Lugo e a da Coruña, ao tempo que recordou que as dúas cidades forman, xunto con Santiago, o Triángulo Máxico do Patrimonio Mundial Galego, un valor diferencial das tres cidades que redundará nun maior coñecemento e un maior crecemento turístico das tres urbes.

José López Orozco agradeceu a oportunidade que lle brinda o centro comercial ao facer “que se acheguen máis coruñeses á nosa cidade e saiban que Lugo está a un paso”. “Queremos que todo o que visite o centro se fixe que a un paso hai unha cidade que acolle e que invita, que vive con alegría as súas festas e que espera que todos poidan gozar delas e da hospitalidade da súa xente”, explicou.

Na súa visita á cidade da Coruña, o Alcalde de Lugo participou así mesmo no programa de Onda Cero Oído Cociña no que elaborou un prato de marmitako.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova