Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O xurado do 5º Concurso de Tapas de Lugo elixe mañá aos catro finalistas da modalidade creativa


# Martes, 29/09/2009
A final terá lugar o xoves 2 de outubro

Mañá, mércores 30 de setembro, reunirase o xurado para elixir aos finalistas da modalidade creativa do 5º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo.

Esta selección terá lugar no Gran Hotel de Lugo dende as 11:00 ata as 14:00 horas. O xurado degustará as tapas dos 15 establecementos seleccionados na modalidade creativa. Cada tapa será valorada cunha puntuación de 0 a 7 puntos tendo en conta a presentación, elaboración, sabor e relación calidade-prezo.

Dos 15 establecementos seleccionados o xurado elixirá a catro finalistas que pasarán á final do certame e que terá lugar o vindeiro xoves 2 de outubro.

Os participantes presentarán ante o xurado as súas tapas seguindo o orde alfabético do establecemento.

O xurado estará formado por:

- Francisco Outeiro - Director da Escola de Hostalería San Javier. A Coruña.
- José Francisco Caneda Martínez - Profesor de Cociña do Obradoiro de Emprego de Hostalería do Salnés. Pertence á Mancomunidade de O Salnés. 1ª Escola Taller de Hostalería de España.
- Víctor Teo profesor de cociña do CIFP Compostela. Santiago.
- Constantino Iglesias – Director do Centro de Formación de Hostelería. Ourense.
- Samuel Pérez Pintos - Xefe Departamento de Cociña IES Fraga do Eume.

www.lugo.es/concursotapas


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova