Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo remitirá de forma "preventiva e responsable" todas as licenzas a Cultura ata que exista unha sentencia firme en relación co ámbito de protección dos bens catalogados


# Martes, 29/09/2009
* Recorda que seguindo o razonamento da xuíza serían anulables as licenzas concedidas nos últimos catro anos


Imaxe Asociada
* Avanza que existe un informe da Asesoría Xurídica no que se expón que o Concello non ten competencia para levar a cabo a paralización das obras de Garañón


A Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, informou hoxe de que o Concello de Lugo adoptou a decisión de remitir de forma “preventiva e responsable” todas as licenzas relacionadas co ámbito de protección dos bens catalogados á Consellería de Cultura ata que exista unha sentencia firme en relación cos mesmos.

María Novo deu conta hoxe na comisión de Urbanismo de que “a partir de agora os técnicos municipais trazarán os círculos cautelarmente para remitir a Cultura as licenzas, non porque non esteamos seguros do noso procedemento senón atendendo á responsabilidade na xestión e sendo conscientes de que do contrario, en calquera momento serían anulables”.

Nese sentido, María Novo expuxo que existe unha sentenza na que se di que no ámbito de ditos círculos, ubicados na contorna de protección dos bens catalogados, Cultura debe emitir un informe vinculante. Deste xeito, “se se tramitan licenzas sen ese informe e calquera persoa impugna no contencioso, seguindo o criterio utilizado pola xuíza, estariamos avocando a un particular a perder unha sentencia”, subliñou.

Trátase, explicou, “dunha medida unicamente preventiva e de responsabilidade de quen xestiona para non perxudicar os intereses de ningún cidadán de Lugo”.

Licenzas dos últimos anos
En relación coas licenzas dos últimos anos, a Delegada de Urbanismo explicou que o Concello ten levado a cabo o mesmo procedemento durante 18 anos, se ben, seguindo o ditame da xuíza, de decidir revisalas, serían anulables as licenzas do ámbito dos círculos de protección dos últimos catro anos.

Sobre a paralización das obras de urbanización de Garañón, María Novo explicou que hai un informe dos Servizo Xurídicos do Concello, enviado á Asociación das Costas do Parque, no que di que o Executivo Local non é competente para paralizar as obras, cuxa paralización só é competencia do xulgado. Ante esa eventual petición, recalcou, o Concello non se oporía


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova