Imprimir

O GOBERNO LOCAL ESTÁ A ACONDICIONAR A PONTE DA ESTACIÓN


29/9/2009 As labores de pintado rematan mañá mércores 30 de setembro

O Concello de Lugo a través da Concellería de Infraestruturas que dirixe José Piñeiro, está a realizar actuacións de acondicionamento na Ponte da Estación.

As labores que están a levar a cabo os operarios municipais dende a semana pasada consisten no pintado da ponte e, previsiblemente, rematarán mañá mércores 30 de setembro.

O obxectivo do Goberno Local con esta actuación é o de mellorar a imaxe dunha das entradas da cidade pola que cada día pasan un bo número de vehículos. Ademais, a intención e a de mellorar a paisaxe dun barrio no que o investimento en infraestruturas foi importante nos últimos anos.