Imprimir

O XURADO DO 5º CONCURSO DE TAPAS DE LUGO ELIXE MAÑÁ AOS CATRO FINALISTAS DA MODALIDADE CREATIVA


29/9/2009 A final terá lugar o xoves 2 de outubro

Mañá, mércores 30 de setembro, reunirase o xurado para elixir aos finalistas da modalidade creativa do 5º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo.

Esta selección terá lugar no Gran Hotel de Lugo dende as 11:00 ata as 14:00 horas. O xurado degustará as tapas dos 15 establecementos seleccionados na modalidade creativa. Cada tapa será valorada cunha puntuación de 0 a 7 puntos tendo en conta a presentación, elaboración, sabor e relación calidade-prezo.

Dos 15 establecementos seleccionados o xurado elixirá a catro finalistas que pasarán á final do certame e que terá lugar o vindeiro xoves 2 de outubro.

Os participantes presentarán ante o xurado as súas tapas seguindo o orde alfabético do establecemento:

11:00.- Bodegón Espolada.- Vieira ao gratín con montadito de marisco ao aliño.
11:10.- Café Bar Ave César.- Dolce Vita.
11:20.- Café bar Boletus.- Lasaña de polbo con salsa de gambas.
11:30.- Cafetería La Iguana.- Tostas Forestais.
11:40.- Curmáns.- Polbo Curmáns.
11:50.- El Edén de Sara.- Alma do Mar.
12:00.- Las Cinco Vigas.- Brocheta de tenreira con salsa de porros.
12:20.- Mesón da Pelusiña.- Segredo de vieira.
12:30.- Mesón Vinotera Lubre.- Crocante de langostino con algas.
12:40.- Pazo de Orbán Taberna D1769.- Ano D1769.Chacina rechea de queixo da Ulloa e améndoas.
12:50.- Restaurante Campos.- Milfollas de bacallau e verduritas con tomate confeitado e xerminados.
13:00.- Restaurante Paprica.- Solombo de porco, touciño real, San Simón e cervexa negra.
13:10.-Parrillada Antonio.- Brochetiña do mar.
13:20.- Restaurante Parrillada O Ventorro.- Torrada de porco celta con crocante de viño da Ribeira Sacra.
13.30.- Restaurante Tosar.- Enrólate con nós.


O xurado estará formado por:

- Francisco Outeiro - Director da Escola de Hostalería San Javier. A Coruña.
- José Francisco Caneda Martínez - Profesor de Cociña do Obradoiro de Emprego de Hostalería do Salnés. Pertence á Mancomunidade de O Salnés. 1ª Escola Taller de Hostalería de España.
- Víctor Teo profesor de cociña do CIFP Compostela. Santiago.
- Constantino Iglesias – Director do Centro de Formación de Hostelería. Ourense.
- Samuel Pérez Pintos - Xefe Departamento de Cociña IES Fraga do Eume.

Os 15 seleccionados para participar na semifinal do concurso na modalidade tradicional presentarán os seus traballos culinarios o xoves día 1 de outubro.

www.lugo.es/concursotapas