Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo valora moi positivamente os orzamentos do Estado que supoñen un investimento para a provincia de máis de 316 millóns de euros


# Martes, 29/09/2009
* Destaca a existencia dun novo Fondo de Inversión Local para seguir fomentando o emprego a través da execución de obras municipais

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, valora moi positivamente os orzamentos do Estado que suporán un investimento para a provincia de máis de 316 millóns de euros en 2010. Así, a inversión total na provincia será de 316.306,51 millóns o cal supón, en termos comparativos, un incremento de preto do 16% con respecto ao ano 2009.

Tal e como remarca o Alcalde, apréciase unha clara discriminación positiva para Lugo en relación con exercicios anteriores. Neste sentido, López Orozco destaca a inversión per cápita que se sitúa en 891,35 euros por habitante, un 16,15% superior á media autonómica (717,30).

Así, o Alcalde de Lugo pon en valor uns orzamentos “austeros, solidarios e que manteñen o investimento produtivo sobre todo en infraestruturas”. Nese sentido, avanza que o Ministerio máis inversor na provincia será o de Fomento que dirixe o lugués, José Blanco.

Así mesmo, López Orozco destaca a dimensión social dos orzamentos á que se destina máis da metade dos fondos. “Trátase duns orzamentos que nos permitirán ter un segundo FEIL que asegure o fomento do emprego a través da execución das obras municipais”.

“O mantemento do investimento produtivo é fundamental para o fomento do emprego e para conseguir reactivar a economía, un labor prioritario para o Goberno de España”, indica.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova