Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez destaca que as administracións deben ser unidades efectivas de garante da saúde pública dos cidadáns


# Mércores, 30/09/2009
A Alcaldesa en funcións e Concelleira de Economía e Emprego participou na presentación das V Xornadas de Control de Residuos en Alimentos

Imaxe Asociada
A Alcaldesa en función de Lugo e Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, destacou esta mañá que as administracións deben ser unidades efectivas de garante da saúde pública dos cidadáns. Así o expuxo no acto de inauguración da presentación das V Xornadas de Control de Residuos en Alimentos no que estivo acompañada pola Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, así como pola Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, entre outros asistentes.

Na súa intervención, Sonia Méndez trasladou a súa felicitación e a do Executivo Local a todos os que participan nas xornadas co obxectivo “de seguir avanzando de cara a acadar unha seguridade alimentaria sen fisuras”. “Agradecemos a celebración dunhas xornadas de investigación, aprendizaxe e modernización como estas”, expuxo.

Así mesmo, recordou a importancia que teñen as administracións no control e inspección en relación cos alimentos, coa súa obtención, conservación e distribución. Neste sentido, referiuse aos problemas económicos e sociais que acarrearon casos como o das vacas tolas.

Sonia Méndez valorou a celebración das xornadas que comezan hoxe na cidade, “posto que avanzarán na formación e na investigación de cara ao control profesional dos alimentos”. Neste sentido, destacou o esforzo do Campus de Lugo e, concretamente, da Facultade de Veterinaria na que se celebran as xornadas, pola súa labor de investigación e por ser pioneiros en moitos campos.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova