Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE NA CASA DO CONCELLO A UN GRUPO DE MAIORES DO CARBALLIÑO


1/10/2009 Están a visitar a cidade para celebrar o Día Internacional dos Maiores

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá no salón de plenos da Casa do Concello a un grupo de maiores do municipio do Carballiño que está a visitar a cidade.

Esta viaxe, segundo explicou a Concelleira de Servizos Sociais deste municipio ourensán, forma parte da súa celebración do Día Internacional dos Maiores.

Pola súa banda, o Alcalde deulles a benvida a Lugo e desexoulles que a súa estancia na cidade lles permita disfrutar de todo o que esta ofrece, “sobre todo agora que comezan as festas de San Froilán”.

Ademais, López Orozco explicoulles o traballo que se está a facer dende o Concello de Lugo para aumentar o benestar da poboación maior de 65 anos, como a recuperación das vellas escolas rurais nas que a cidadanía pode relacionarse e realizar un bo número de actividades.

Como recordo da súa visita ao Concello de Lugo o Alcalde entregoulles dous libros para que pasen a formar parte da biblioteca do municipio.